A mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" chega á Casa das Artes de Vigo

A mostra "Vermellas. Chamábanlles rojas" chega á Casa das Artes de Vigo

 Até o 20 de marzo pódese visitar, na Casa das Artes de Vigo, a exposición Vermellas Chamabanlles rojas (producida no 2009 por Lugo Cultural) sobre a represión exercida ás mulleres durante a represión franquista.

  Esta mostra conta con documentación e textos de Claudio Rodríguez Fer e Carmen Blanco, ademais da colaboración do equipo de investigación do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces", dirixido polo catedrático de Historia Contemporánea na USC, Lourenzo Fernández Prieto, que ademais de prestar asesoramento histórico, cedeu numerosa documentación gráfica e un vídeo inédito da visita do presidente da república Alcalá Zamora á cidade da Coruña en 1934.

Para o proxecto expositivo de Vigo, financiado polo Concello de Vigo, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces"  incorporou diferentes gráficas nas que se poden estudar a represión exercida ás mulleres, así como os nomes das mulleres represalidas na cidade de Vigo, procedentes da investigación que o equipo leva desenvolvendo desde o 2006

Galería de imaxes da mostra

Gardado en Noticias 24 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Muller

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez