A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo visita "Nomes e Voces" no marco das súas pesquisas de xénero

A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo visita "Nomes e Voces" no marco das súas pesquisas de xénero

A investigadora nixerina Zeinabou Hamidou Leyo, adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) visita hoxe o Proxecto Nomes e Voces para coñecer in situ o traballo que o equipo de investigadores ten realizado sobre a represión da muller en Galicia entre 1936 e 1939.

A Facultade de Humanidades da USC ten concedido un Proxecto AECYD de Accións Integradas titulado Derechos de la Mujer y desarrollo africano: formación interdisciplinar en estudios de género, coordinado polo Profesor Xaquín Rodríguez Campos. Nel participa a Facultade de Humanidades da Universidade de Abdou Moumouni de Niamey, alén da colaboración de da actual Vicerreitoría de Relacións Internacionais e Cooperación da Universidade de A Coruña, a Profesora Natalia Álvarez Lata.

Dentro das accións previstas para tense deseñado un programa un programa de formación específico de dous meses de duración na USC para a bolseira nixerina Zeinabou Hamidou Leyo.

Zeinabou Hamidou Leyo está adscrita á Dirección Nacional do Empoderamento Económico da Muller (DAEF) do Ministerio da Muller do seu país, no marco do programa nacional  de formación e preparación dos futuros funcionarios da Administración do estado. Participa na implementación das actividades da sua dirección, principalmente a xestión dos centros de formación femininos, o seguimento das actividades xeneradoras de ingresos e a dotación de ferramentas facilitadoras das tareas domésticas ás mulleres.

A súa tesiña de fin de maestría titúlase  "Impacto do nivel educativo da nai sobre o estado nutricional dos nenos" e tamén traballa na problemática "Xénero e Islam".   

Gardado en Noticias 14 de maio de 2013 | sen comentarios

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez