19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

O próximo xoves 19 de xuño, ás 12 da maña na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Jesús Izquierdo Martín ofrecerá unha conferencia titulada La presencia de lo ausente en el posfranquismo: pacto denegativo y control institucional de la memoria de la Guerra Civil. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que organiza Histagra.

Jesús Izquierdo Martín é profesor na UAM. Entre os seus traballos, atópanse El rostro de la comunidad (2001), ou La guerra que nos han contado (2006), do que coautor xunto a Pablo Sánchez León. Foi coeditor de El fin de los historiadores (2008), unha obra colectiva que reflexiona sobre o saber histórico e a súa comunicación no século XXI. É codirector de  «Contratiempo», un programa de radio de difusión non académica.

Gardado en Conferencias 16 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Ditadura, Historia, Historia de España

Sen comentarios

 

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez