Joaquina Dorado Pita

Natural da Coruña. 

Filla de mariñeiros, pasa a súa adolescencia na cidade herculina até que en 1934 marcha con toda a familia a Barcelona. Con 17 anos afíliase ao Sindicato da Madeira e Decoración da CNT.

Despois do golpe de estado de xullo de 1936 participa de forma activa na defensa da legalidade republicana, formando parte do Comité de Defensa da cidade. Coa derrota da República fuxiu ao exilio en 1939. 

En 1948 foi detida en Barcelona e, tras varios anos presa, volve exiliarse en París, onde se xubila.  

Podes vela en:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez