Natural de Vilaboa (Culleredo).
Esposa do xornalista, político republicano e masón César Alvajar Diéguez, tivo cinco fillos (Amparo, Ana María, Francisco Javier, María Teresa e Agustín).
Politicamente pertenceu ao Partido Galeguista converténdose na primeira muller na Coruña en militar nesa organización.
Desenvolveu unha importante labor na Agrupación Republicana Feminina da Coruña, fundada o 13 de abril de 1933, da que foi primeiro secretaria e, dende finais dese ano ata 1936, presidenta.
Podes vela en: