A Coruña, 1932.
É filla de Esther Casares Quiroga e Enrique Varela. Seu pai é á súa vez axudante militar de Santiago Casares Quiroga, avó de María Esther. Debido ao traballo do seu pai e seu avó, pasa longas tempadas en diferentes cidades do Estado, e volve á Coruña polo verán.
O golpe de Estado cóllea a ela e á súa nai de vacacións en Miño. A Esther Casares lévana presa a Ferrol e logo á Coruña. Nai e filla vivirán na cidade herculina vixiadas polas autoridades franquistas e sen práctica relación coa sociedade local.
Despois de varios intentos, ao cabo logran marchar ao exilio mexicano en 1995, onde Esther Varela fará unha nova vida.
Podes vela en: