Ascensión Concheiro García "Choncha Comesaña"

Natural de Ordes. 

Estudante de maxisterio en 1931 en Compostela, coñece o que será o seu marido, o comunista Francisco Comesaña, que a comezos da guerra civil é detido, xulgado en consello de guerra e sentenciado a morte. Salvado de ser fusilado polo seu pasaporte cubano, foi condenado a cadea perpetua. 

Choncha casou por poderes en 1941, e tras conseguir a liberdade do seu marido en 1944, exílianse a Cuba e logo a México. Alí, formou parte da Asociación de Mujeres Españolas Mariana Pineda e participou en actividades do Padroado da Cultura Galega. 

Regresou a Tui tras a morte de Franco, 1975. 

Podes vela en:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia