María Vázquez Suárez

Mestra socialista Afiliada á UGT. Fundadora e directiva da Agrupación Socialista, participara na Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas, sendo fundadora do subcomité coruñés desa entidade. Morta o 19 de agosto de 1936, foi acusada entre outras cousas de postular a escola laica e o amor libre, así como de enterrar á súa nai sen rito católico. A súa morte foi rexistrada a causa de feridas de bala en Pontedeume. Inscrita no rexistro de defuncións o 4 de decembro de 1936. 

Podes vela en:

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia