Os obxectivos do proxecto

O Proxecto de Investigación Interuniversitario "As vítimas, os nomes e as voces" fixou como obxectivo primordial a constitución dun espazo de investigación e documentación para o estudo histórico da represión desde o comezo da Guerra Civil até o fin da ditadura franquista en Galicia. Debía servir para acumular coñecemento sobre un pasado que precisa esclarecemento, ao tempo que para fundamentar a reflexión e arrequentar o patrimonio histórico e cultural do país con memorias, documentos e materiais doutro xeito abocados a perderse. Deste xeito, pretende responder desde o ámbito da historia a unha demanda de recuperación das memorias aínda ocultas, con tres obxectivos:

Desde o Proxecto tamén se foi establecendo como obxectivo prioritario a recuperación da documentación que existe sobre a represión e as familias que a padeceron. Deste modo estase a recuperar un grande número de materiais documentais que son procesados axeitadamente para facilitar o acceso directo aos investigadores e ao público interesado.

O coñecemento e a pescuda que os investigadores do proxecto están a realizar coa documentación recollida serve como contribución ao debate científico a través das vías convencionais e das que poidan deseñarse: encontros, seminarios, publicacións de resultados en diferentes formatos, presencia na rede, etc..

O produto das investigacións será un recurso público de investigación e máis un instrumento ao servizo de familiares e interesados e, por suposto, da administración

 
A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia