Xosé Manoel Núñez Seixas

Xosé Manoel Núñez Seixas (Ourense, 1966) é Catedrático de Historia Contemporánea desde 2006 na Universidade de Santiago de Compostela. Tense especializado no estudo comparado da cuestión nacional, na análise das dinámicas sociopolíticas da emigración transoceánica en Galicia e mais na historia sociocultural da guerra. Os seus libros máis recentes son ¡Fuera el invasor! Nacionalismos y movilización bélica durante la guerra civil española (Madrid, 2006) e Imperios de muerte. La guerra germano-soviética, 1941-1945 (Madrid, 2007), así como a edición do monográfico La identidad regional en España y Europa (siglos XIX-XX) (revista Ayer, 64, 2006) e mais a coedición do volume O exilio galego de 1936: Política, sociedade, itinerarios (Sada 2006). Con F. Sevillano (ed.), Los enemigos de España. Imagen del otro, conflictos bélicos y disputas nacionales (siglos XVI-XX) (Madrid: Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, 2010), Internacionalitzant el nacionalisme. El catalanisme polític i la qüestió de les minories nacionals a Europa (1914-1936) (Catarroja/Valencia: Afers/Universitat de València, 2010) e Patriotas y demócratas. El discurso nacionalista español después de Franco (Madrid: Los Libros de la Catarata, 2010). É membro do Arquivo da Emigración Galega, de varios consellos editoriais de revistas especializadas e coordinador do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces". Dende o 1 de outubro de 2012, pasa ocupar a cátedra de Historia de Europa nos séculos XIX e XX na Universidade Ludwig-Maximilian de Múnich

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez