María Jesús Souto Blanco

María Jesús Souto Blanco (Lugo, 1964), doutora en historia contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese "La represión franquista en la provincia de Lugo" (1936-1940), a primeira realizada en Galiza (1997) sobre o tema en que se especializou, a represión franquista en Galicia. Entre os seus traballos están La Represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940), Sada, 1998, Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo, (1936-1940): la corrupción y la lucha por el poder, Sada, 1999, así como varios artigos en revistas como "Proceso Vega Barrera", Unión Libre, nº 2, 1997, p. 197-236, "Represión franquista", Dez-Eme, nº 2, 2000, p. 22-30 ou "Morir y ser muerto estudio de tres casos ejemplares entre los condenados a la pena capital en el primer franquismo", SEMATA, nº17, 2006, p. 473-499. Os seus últimos traballos abordan a represión franquista dende a perspectiva de xénero, destacando: “Consuelo Alonso, unha morte construída”, Unión Libre, nº 11, 2006, pp. 89-104; . “Género y compromiso. Estudio de la represión judicial ejercida sobre la mujer a raíz del estallido de la sublevación militar del 20 de julio de 1936 en Lugo”, SEMATA, vol. 20, 2008, pp. 243-266 e “A persecución política da muller. Lucenses detidas no cárcere provincial de Lugo (1936-1940)”, en Emilio Grandío Seoane et alii (co-editores), A patria enteira. Homenaxe a Xosé Ramón Barreiro Fernández, 2008. Así mesmo, ten asistido como conferenciante a numerosos congresos especializados na Guerra Civil e represión franquista. Actualmente é profesora no Departamento de Historia Contemporánea e América e coordinadora do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces".  

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez