Julio Prada Rodríguez

Julio Prada Rodríguez (Ourense, 1966), é doutor en historia contemporánea coa tese Ourense, 1936-1939. Alzamento, guerra e represión, posteriormente publicada por Ediciós do Castro en 2004. É profesor titular na Facultade de Historia do Campus de Ourense desde 2009. É I premio de Investigación Histórica de Galicia Antonio Fraguas coa obra Ensaio sobre a violencia. Ten traballado sobre a II República, a guerra civil e a represión franquista en Ourense e publicado diferentes traballos desta temática entre os que destacan: Represión económica e depuración administrativa. Ourense 1936-1942 (2003), Metodoloxía e fontes para o estudio da represión franquista en Galicia (2003), As lapas da revolución. O outubro vermello en Ourense (Obradoiro de Historia de Galicia, 2004), A man invisible do sufraxio. República e eleccións na provincia de Ourense (2004), A Dereita política ourensá: monárquicos, católicos e fascistas, (1934-1937) (Universidadede Vigo, 2005), De la agitación republicana a la represión franquista. Ourense 1934-1939 (Editorial Ariel, 2006), Lo que han hecho en Galicia. Violencia política, represión y exilio (1936-1939) (en coordinación con J. de Juana) (Editorial Crítica, 2006), Violencia política, protesta social e orde pública no Ourense republicano (Ediciós do Castro, 2007) e La España masacrada (Alianza, 2010). Actualmente é coordinador do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces".

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez