Gustavo Hervella García

Gustavo Hervella García (A Rúa, 1974) é Licenciado en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela desde 1997. Acadou a grao de licenciado co traballo A esquerda política e o nacionalismo español: PCE e MCE (1960-1982). Ten realizado pescudas ao redor da historia contemporánea de Galicia, entre as que se poden salientar, "Achegamento á mobilización anticlerical na Galicia da II república a través dos xornais (abril-xuño 1931)", en Anuario Brigantino nº 22, 1999, Lalín-Bos Aires, unha historia compartida, 2001, "El nacionalismo español en el PCE durante la dictadura franquista. Una aproximación a través de las páginas de Mundo Obrero", en VI Encuentro de investigadores sobre el franquismo, 2006; "As eleccións da II república nun concello rural. Unha aproximación a través do Arquivo Municipal do concello do Bolo (Ourense)", IEV, nº 11, 2007; “Da visualización social da muller á inmersión no terror: 1936. Golpe de estado, vítimas e memoria” en Vermellas. Chamábanlles rojas, Santiago de Compostela, 2009 e Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela, 2010.

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez