Emilio Grandío Seoane

Emilio Grandío Seoane (A Coruña, 1967), é Doutor en Historia desde 1995 e profesor titular no departamento de Historia Contemporánea e América da USC. Está especializado no estudo do período republicano e primeiro franquismo en Galicia, temas sobre os que ten realizado numerosas investigacións, entre elas, Los orígenes de la derecha gallega. La CEDA en Galicia, 1931-1936, Sada, 1998, Caciquismo e eleccións na II República, Vigo, 1999, Años de Guerra: A Coruña, 1936-1939, A Coruña, 2000, Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil : o informe Brandariz (A Coruña, 1937), Sada, 2001, Política e Provincia. A Deputación da Coruña na II República, A Coruña, 2004, República e Republicanos en Galicia, A Coruña, 2006 ou Anos de Odio. Golpe, represión e Guerra Civil na provincia da Coruña (1936-1939), A Coruña, 2007, A Segunda República. Memoria, mito e historia en Galicia, Vigo, 2010, entre outros. Así mesmo, ten asistido como conferenciante a numerosos congresos e coloquios especializados nos anos republicanos e nos movementos sociopolíticos acaecidos nese período. Participou en varios proxectos de investigación e actualmente é coordinador do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces".

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez