Dionísio Pereira

Dionísio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista no movemento obreiro en Galicia, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre eles, destacamos a obra colectiva da que é coordenador, Os Conquistadores modernos: movemento obreiro na Galicia de anteguerra, Vigo, 1992. Tamén é autor de A CNT na Galicia: 1922-1936, Santiago, 1994; Sindicalistas e rebeldes : anacos da historia do movemento obreiro na Galiza, Vigo, 1998 ou, xunto con Eliseo Fernández O Anarquismo na Galiza (1870-1970): apuntes para unha enciclopedia, Santiago, 2004 e A II República e a Represión en Cerdedo, en 2006. Tamén ten abordada a cuestión da represión, en "Os Mortos esquecidos, radiografía da represión franquista nun pequeno concello rural, o caso de Cerdedo (Pontevedra)", en A represión franquista en Galicia: actas dos traballos presentados ao Congreso da Memoria, Narón, 2003, "O Alzamento fascista na bisbarra das Frieiras: só viñeron a matar e roubar", O Cambedo da Raia, 1946: solidaridade galego-portuguesa silenciada (Asociación Amigos da República, 2004), Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos) (Edicións Positivas, 2005), Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939) (Edicións Xerais, 2010) e José Pasín Romero: Memoria do proletariado militante de Compostela (Fundación 10 de Marzo, 2012) entre outras obras. Actualmente é coordinador do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces". 

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez