Chus Martínez Domínguez

Chus Martínez Domínguez, (Tui, 1976) é licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2000, formación que completou co curso de postgrado Especialista Universitario en Archivistica pola UNED. É especialista en arte contemporánea e comisaria de exposicións, experiencias que tiveron como resultado diferentes traballos en libros, como editora en espazodocumental.net, e como autora de textos en Caderno de Arte Interea 1, 2008, Fisuras no cotián, 2007 e ensaios como “Da visualización social da muller á inmersión no terror: 1936. Golpe de estado, vítimas e memoria”, Vermellas. Chamábanlles rojas, Santiago de Compostela, 2009 e o Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela, 2010. Participou en diferentes congresos coa comunicación "Proxecto “Nomes e Voces” nas xornadas "Conservando la memoria. Historia política en El Salvador", e coa conferencia "Aplicación Web para el tratamiento, conservación y divulgación de la Historia actual. El caso del Proyecto  de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces" http://nomesevoces.net" no International postgraduate Conference in the Arts and Humanities. Exploring the Archive in the Digital Age (King's College, Londres, 2010). É autora de diferentes artigos en revistas especializadas como ArtNotes, Artecontexto e Tempos Novos da que é colaboradora habitual. Foi a responsable de contidos, coordinación e mantemento do sitio www.espazodocumental.net do CGAC. Actualmente traballa como responsable de contidos da páxina www.nomesevoces.net e do gabinete de comunicación do Proxecto de Investigación Interuniversitario “Nomes e Voces".

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez