Andrés Domínguez Almansa

Andrés Domínguez Almansa (Vigo, 1966) é Doutor en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela desde 2006. Actualmente é investigador do Proxecto de Investigación Interuniversitario "Nomes e Voces", onde estuda a represión da Guerra Civil e o Franquismo en Galicia. 
Ten realizado estudos sobre a modernidade, a transformación social e cultural da Galicia finisecular e a principios do século XX. Entre a súa produción destaca, A formación da sociedade civil na Galicia Rural. Asociacionismo agrario e poder local en Teo (1890-1940), Santiago de Compostela, 1997, "A conformación das paisaxes en Galicia: unha aproximación desde a historia" en O factor diferencial galego. As paisaxes de Galicia, Santiago de Compostela, 2001, A historia no Eixo Atlántico, Vigo, 1999, "A cultura deportiva e a Universidade de Santiago", en Gallaecia Fulguet. Cinco siglos de historia universitaria, Santiago de Compostela, 1995, "Los orígenes de un fenómeno de masas contemporáneo: deporte, modernidad y mentalidad burguesa en Galicia", en El siglo XX, balance y perspectivas,2000; "Mujer, memoria y represión" en IX Congreso de la Asociación de Historia Contemporánea, Murcia 2008; "La mujer en el vórtice del terror: golpe de estado, represión y género (Galicia 1936-1939)", Perpignan, 2008; "Otra perspectiva de la guerra civil española: golpe de estado, represión y memoria" en V Edición de Encuentros por la Historia, Costa Rica, 2008; "De los relatos de terror al protagonismo de la memoria: el golpe de estado de 1936 y la larga sombra de la represión", en HAFO, 2009; “Da visualización social da muller á inmersión no terror: 1936. Golpe de estado, vítimas e memoria” en Vermellas. Chamábanlles rojas, Santiago de Compostela, 2009; Historia social do deporte en Galicia (1850-1920), 2009; Informe de resultados. Vítimas Galicia (1936-1939), Santiago de Compostela, 2010.

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez