O equipo

Imaxe da oficina de Nomes e Voces

O grupo de Investigación “Nomes e Voces” contituíuse mediante un convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela, aínda que a súa orixe se remonta a un convenio asinado entre a Xunta de Galicia e as tres universidades galegas no ano 2006, co obxecto de promover o estudo da represión franquista en Galicia.

O equipo está formado por especialistas en historia contemporánea en Galicia, dirixidos polo catedrático Lourenzo Fernández Prieto. Os coordinadores son Emilio Grandío, doutor en Historia Contemporánea, Xosé Manoel Núñez, catedrático en Historia Contemporánea, Julio Prada, doutor en Historia Contemporánea, María Jesús Souto, doutora en Historia Contemporánea e Dionisio Pereira, licenciado en Económicas e especialista na Historia contemporánea de Galicia e no movemento obreiro. Completan o equipo os investigadores Andrés Domínguez Almansa, doutor en Historia Contemporánea, Gustavo Hervella García, licenciado en Historia Contemporánea,  Chus Martínez, licenciada en Historia da Arte e Xurxo Pantaleón, licenciado en Historia Contemporánea.

 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez