Licenzas

O material disposto nesta web, tanto textos como imaxes, distribúese de forma xenérica cunha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza. Esta licenza pon a disposición pública os contidos desta web coa obriga de recoñecer os créditos da autoría do material e sempre que non se utilice para a súa explotación comercial.

Ora ben, cada elemento da web pode ter licenzas particulares en función das súas diversas autorías, que se detallan a seguir:

Imaxes

Nesta web publícanse catro tipos de imaxes: imaxes anónimas, imaxes con autoría, imaxes no dominio público e meras fotografías.

A maior parte das imaxes que se publican nesta web carecen de autor coñecido, son anónimas, ou os seus autores reais son difíciles de trazar e localizar. Entendemos que o contido destas imaxes (para as imaxes en si, váiase ao cuarto parágrafo) está liberado no dominio público, ben porque os seus posibles autores deberon falecer con total probabilidade hai máis de 70 anos, ou ben porque en condicións de anonimato a súa primeira difusión se produciu hai máis de setenta anos.

Con todo, calquera información sobre a autoría dos materiais será moi aprezada, e prégase a quen poida coñecer a autoría dalgunha das imaxes publicadas que nola comunique. O proxecto Nomes e Voces comprométese ademais a retirar da web aqueles contidos dos que se coñezan dereitos de autor se os seus lexítimos titulares así o desexan.

De todos os xeitos, e con respecto a imaxes con autoría coñecida, o proxecto Nomes e Voces é un proxecto de investigación, e acóllese ao artigo 37 do texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual de España (RDL 1/1996), onde se establece que se eximen das obrigas xeradas polos dereitos de autor os produtos que teñan como fin a investigación, como é o caso.

As imaxes que están publicadas nesta web, e que reproducen outras imaxes, documentos ou cadros (e que se obtiveron por medios mecánicos, como fotografías non artísticas, escaneos ou fotografías automáticas), son propiedade do proxecto Nomes e Voces independentemente da licenza do seu contido, e libéranse agora cunha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir igual. Tamén se liberan coa mesma licenzas as imaxes que reproducen esculturas, edificios e estatuas situadas na vía pública en España, libres de dereitos conforme a lexislación actual.

Vídeos

Na web teñen cabida gravacións de cine históricas, que xa se atopan no dominio público, e gravacións realizadas polo proxecto Nomes e Voces ou cedidas ao proxecto por outros autores. As gravacións de vídeo, televisión ou cine que non se atopen no dominio público, son liberadas cunha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza.

Nos casos de filmacións realizadas por outras persoas alleas ao proxecto, consignarase a licenza específica. De todos os xeitos, e con respecto a filmacións con autoría coñecida, o proxecto Nomes e Voces é un proxecto de investigación, e acóllese ao artigo 37 do texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual de España (RDL 1/1996), onde se establece que se eximen das obrigas xeradas polos dereitos de autor os produtos que teñan como fin a investigación, como é o caso.

Textos de investigación

Os ensaios, relatorios, artigos e conferencias publicados nesta web están asinados individualmente polos membros do equipo do proxecto Nomes e Voces e, en ocasións, por outros investigadores. A titularidade dos dereitos de copia e distribución son deles e delas, e na súa maioría decidiron liberalos con copyright, como se consigna especificamente por cada un dos documentos.

Entrevistas e gravacións sonoras

A maior parte das entrevistas e gravacións sonoras publicadas nesta web son propiedade do proxecto Nomes e Voces, que as libera baixo unha licenza de copyright. Todas as persoas que interviron nas gravacións cedéronlle os dereitos de explotación e distribución ao proxecto Nomes e Voces, sen máis restricións cás que establece a lexislación para o paso destes materiais ao dominio público.

Nos casos de gravacións realizadas por outras persoas alleas ao proxecto, consignarase a licenza específica. De todos os xeitos, e con respecto a gravacións con autoría coñecida, o proxecto Nomes e Voces é un proxecto de investigación, e acóllese ao artigo 37 do texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual de España (RDL 1/1996), onde se establece que se eximen das obrigas xeradas polos dereitos de autor os produtos que teñan como fin a investigación, como é o caso.

Cartas inéditas

Unha parte importante das cartas recollidas nesta web están no dominio público, logo de que os seus autores falecesen hai máis de setenta anos.

Outra parte das cartas é material inédito de autores falecidos hai menos de setenta anos ou aínda vivos; o proxecto Nomes e Voces libera este material inédito cunha licenza Creative Commons Recoñecemento-Non comercial-Compartir baixo a mesma licenza.

Nos casos de cartas publicadas previamente por outras fontes con licenzas restritivas e das que o proxecto Nomes e Voces descoñeza a súa edición anterior, o proxecto recoñécese como un proxecto de investigación, e acóllese ao artigo 37 do texto refundido da Lei da Propiedade Intelectual de España (RDL 1/1996), onde se establece que se eximen das obrigas xeradas polos dereitos de autor os produtos que teñan como fin a investigación, como é o caso.

Publicacións periódicas

As publicacións periódicas que aquí se reproducen, e que nalgúns casos constitúen coleccións únicas e só accesibles a través desta web, atópanse no dominio público. Con todo, é posible que algúns dos artigos ou colaboracións recollidas dentro desas publicacións non se atopen aínda no dominio público, ben porque os seus autores estean vivos, ben por que falecesen hai menos de setenta anos. Esta circunstancia debe ser tida en conta no caso de que terceiros desexen realizar difusión de artigos concretos, pois o dominio público afecta o conxunto da publicación periódica, e non as súas partes tomadas de forma illada.

Documentos legais

Baixo a lexislación española, as sentenzas e documentos xudiciais están, por principio, no dominio público.

Base de datos

A base de datos, no que se refire á súa configuración e definición, é propiedade do proxecto de investigación interuniversitario Nomes e Voces, que a libera baixo a mesma licenza Creative Commons compartir igual, en condicións de obriga de atribución e ausencia de beneficio.

Código fonte

A web e as bases de datos foron desenvolvidas, tanto polo que corresponde á súa estrutura informática como ao procesos de consulta web, pola empresa A navalla suíza, a partir de software libre. O sitio está construído baixo os frameworks phpCan (php) e cSans (css), os dous baixo licenza GNU GPLv3.

O código fonte desta web, coa parametrización desexada polo proxecto de investigación Nomes e Voces, será liberado en canto se consiga unha versión estable, co fin de que sexa utilizado por terceiros. A licenza coa que se distribirá ese código fonte é GNU GPLv3.

Cítanos

Nomes e Voces é un proxecto de investigación que ten entre as súas finalidades conseguir a maior difusión posible dos seus traballos. Por iso nos gustaría que se colles material desta web (imaxes, textos, etc.) cites a súa orixe. Deste xeito, cada vez máis persoas saberían do proxecto, e seus obxectivos de recoller e sistematizar o coñecemento relativo a esta época poderían cumprirse máis doadamente. Con este propósito de espallar e difundir o coñecemento liberamos boa parte dos contidos con licenza Creative Commons.

Para incluírnos como referencia, pregámosche que cando empregues o material inclúas o nome do autor/a do documento, se se coñece, así como a mención ao "Proxecto Nomes e Voces". Se usas esa imaxe ou ese documento nun medio electrónico, tamén nos gustaría que incluíses unha ligazón a esta web. Lembra ademais que empregamos a licenza Creative Commons coa especificación Compartir-igual, para que a ti tamén adoptes a mesma licenza na túa copia ou nos teus documentos derivados. 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez