Informe de resultados: vítimas Galicia (1936-1939)

Este é o primeiro informe de resultados do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" que se publica. Nel ofrecemos os efeitos do Golpe de Estado de 1936, o tempo da guerra e máis as orixes do franquismo en Galicia. A través de números e gráficas presentamos esta primeira análise posta en valor para as interpretacións, deducións ou debates.

Datos actualizados en xaneiro de 2012

Avanzo da investigación en curso sobre outras formas de persecución

Inclúense neste informe aquelas persoas naturais ou veciñas de Galicia perseguidas fóra do territorio galego e, por outra banda, todas aquelas que foron vítimas doutras formas de represión exercidas en Galicia.

Datos actualizados en xaneiro de 2012

1936-1939. Morte na provincia de Lugo

O traballo desenvolto ao longo de 2012 atende á lóxica da documentación recuperada e catalogada ao longo deste ano, á súa posta en valor e a facilidade de consulta aos interesados. Os investigadores de Nomes e Voces seguiron, para a realización do traballo, as pautas sinaladas no documento de proposta de investigación presentado á deputación provincial de Lugo en xaneiro de 2011 e, tal como quedara alí reflectido, realizáronse traballos de mantemento, actualización, catalogación e posta a disposición da cidadanía de todos os datos e documentos referidos á provincia de Lugo e que foron recuperados desde o grupo de investigación “Nomes e Voces”. 

proba

jkwt  dcv

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez