Tralo proceso do golpe de estado no verán de 1936, deu comezo unha cruenta represión naqueles territorios que logo caeran nas mans dos facciosos. Galicia converteuse nun espazo onde a represión física e a morte acadaron cotas extremas. O tiro na caluga e as execucións sumarisimas ou as propiciadas polos Tribunais Militares acabaron coa vida de homes e mulleres exhibindo as veces cadáveres en estradas, gabias, outeiros, camiños e montes. Moitos foron arroxados a ríos ou ao mar -a gran fosa en Galicia-, sendo algúns deles devoltos e outros xa nunca máis retornados pasando a ocupar as listas de desaparecidos malia que non, obstante, ficaron na memoria dos seus achegados.
O que presentamos neste traballo é, precisamente, unha aproximación aos lugares de enterramento e morte relacionados coa represión franquista en Galicia entre 1936 e 1939.