Vermellas. Chamábanlles "rojas"

Violadas e rapadas

Moitas mulleres foron sometidas á agresión sexista co fin de castigalas a elas e as súas familias, aplicando os prexuízos patriarcais reaccionarios da deshonra sexual. O obxectivo era acalar e exterminar as mulleres contestatarias pola súa ideoloxía, con frecuencia utilizando o factor sexual da suposta humillación aniquiladora de toda resistencia, que tamén se aplicou a moitos homes.

Unha destas vítimas femininas resultou ser Rosario Hernández Diéguez, chamada A Calesa, vendedora de xornais en Vigo, que foi secuestrada e asasinada en setembro de 1936, cando tiña dezaseis anos, e fondeada nas Illas Cíes.

Irrompera arao no quiosco 
ondeando aos catro ventos
blusa e bandeira vermellas
como a inocencia dos pobres.

Por fóra era toda de cantil e de furna. 
Mais por dentro tan só finísima area
de praia proletaria desfacéndose
en duna de utopía.

Tamén houbo rapa de féminas por toda a xeografía de Galicia: Consuelo Alonso González en Monforte de Lemos, Anunciación Casado Atanes en Verín, Brígida Muñiz Suárez en Boiro ou Elsa Omil en Marín, que mesmo se retratou rapada para que quedase testemuño da agresión.

UNHA RAPADA DA REPRESIÓN 

Son unha rapada da represión. Fun humillada e vou marcada. Non me importa. Nada disto me penetra. Estou viva. Acariño o meu cranio cos seus pensa- mentos libres intactos e saio á rúa orgullosa do meu rapado. Eles cortáronme o pelo pero eu reafirmeime aínda máis na miña personalidade absolutamente libre. E solidarízome con todas as persoas peladas agraviadas polo poder. E proclamo a beleza da pel espida do cacume coa cabeza alta.

“A una prima mía, tenía quince años y la llevaron presa (...), le cortaron el pelo a rape, le pusieron uhp en la frente. Porque era hija de José -porque ella no se metiera en nada- la acusaron”. 

Elena Moreda 

Fondo oral: Entrevista a Elena Moreda

Fondo Moreda Rodríguez | Licenza

“rapazas cultas que estaban estudando bacharelato, outras na escola (...), rapazas preparadas (...), liberais (...), por envexa das señoritangas (...), viñan todas co pelo cortado e detrás uns falanxistas do pobo (...) e paseábanas por todo o pobo. E eu tiña a miña avoa (...) (Filomena Iglesias), que era unha política de medo, (....) a miña avoa levántase e viña un cura de fronte (...) e dille a miña avoa: isto é unha vergoña (...), don Carlos isto é unha vergoña (...) Ao pouco rato veñen dous falanxistas a buscala e din: imos paseala polo pobo. E miña avoa: a min que me van levar...? Veñan cando queiran” 

Daniel Jesús Novoa 

Fondo oral: Entrevista a Daniel Jesús Nvoa

Fondo Novoa Suárez | Licenza

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez