Vermellas. Chamábanlles "rojas"

Presas

Terrible foi a situación das numerosísimas mulleres que ingresaron no cárcere, como Mercedes Núñez Targa, tal como relatou en Cárcere de Ventas. Ás veces, a angustia acrecentábase por ter que deixar fillos pequenos ou familiares desvalidos. Un destes casos foi o da activista Urania Mella Serrano, filla do teórico anarquista e promotor do servizo de tranvías en Vigo Ricardo Mella. Foi detida en 1936 e condenada a morte xunto ao seu marido, o socialista e directivo tranviario Humberto Solleiro, quen foi fusilado deixando catro fillos. Tras longos anos de cárcere en Vigo e Saturrarán, estableceuse precariamente en Lugo, onde axiña faleceu en 1945. O principal apoio de Urania Mella no cárcere e tras a excarceración resultou ser María Purificación Gómez González, quen fora alcaldesa republicana da Cañiza e que finxira un embarazo para librarse da súa condena a morte. Non obstante, ambas amigas padeceron, como Isabel Ríos Lazcano e tantas outras, a terrible angustia da espera da morte ata que chegou o imprevisible indulto. 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez