Vermellas. Chamábanlles "rojas"

Mapoulas de Montecubeiro

En agosto de 1937 tivo lugar en Montecubeiro de Castroverde (Lugo) un masacre do que foron vítimas o mestre Arximiro Rico, que foi sadicamente martirizado, numerosas esquerdistas e tres mulleres con eles relacionadas: a traballadora Virxinia Meilán Varela e as mozas Carmen Sarille Lanceiro e Manuela Graña Rico

Entre as medorras e os castros, 
polos ríos e polos regos,
baixo os soutos e sobre as carballeiras,
onde pacen en paz vacas e ovellas,
o canto do estorniño doce entoa
o nome mártir de Manuela Graña.

Co vento dos cereais e a quietude do leite,
coa nabiza dos nabos e o grelo das nabizas,
coas patacas apañadas e as de debaixo da terra,
a conciencia medra como a herba e as árbores
para imporse clamando monte arriba
o nome noso de Carmen Sarille.

As sombras dos ameneiros e os salgueiros
nas ribeiras de flora flotante,
as carreiras dos corzos e dos lobos,
a verea dos xabarís e o voo das vacalouras
debuxan co fume de afumar chourizos
o nome amantísimo de Virxinia Meilán.

Entre os toxos, sobre a neve,
na seca e nas enxurradas,
tres mapoulas iluminan
noite e día Montecubeiro:
Virxinia, Carmen, Manuela.
Eran fermosas como pétalos.
Perduran como penedos.

Lápida de Montecubeiro

Lápida de Montecubeiro

Lápida colocada no lugar de Montecubreiro en aogsto do 2003 en homenaxe ás vítimas masacradas neste lugar.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez