Vermellas. Chamábanlles "rojas"

Introdución

O extraordinario esforzo persoal realizado polas mulleres máis conscientes durante a II República, moitas delas afiliadas a asociacións progresistas, partidos de esquerda ou sindicatos de clase, foi paralelo aos avances sociais que potenciaron a súa presenza na vida pública e a afirmación do dereito ao traballo fóra do fogar, así como a ampliación da súa liberdade e dos seus dereitos de cidadanía.

Mais o levantamento de 1936 non só interrompeu estes avances, senón que tratou de exterminar toda independencia de criterio feminina, liquidando ou encarcerando as mulleres máis significadas ou resistentes, ás veces con sádica violencia sexista. A maioría das vítimas mortais foron proletarias militantes e familiares de fuxidos, mais tamén pereceron intelectuais comprometidas e mestras politizadas. 

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez