Vermellas. Chamábanlles "rojas"

Acosadas ata o suicidio

Ante o temor da tortura e dunha morte indigna, moitos antifascistas preferiron suicidarse antes que caer en mans do inimigo. O suicidio colectivo máis numeroso foi o protagonizado por nove fuxitivos que pretendían escapar no bou Eva, dende o porto de Vigo, o 23 de abril de 1937. Entre eles atopábase Carmen de Miguel Agra, nai moza de dúas fillas, que preferiu suicidarse co seu marido, Ángel Nogueira Nogueira, antes de ser apresada. 

Auga negra da noite
Auga fervente do amencer
Auga asolagando espazo e tempo
Auga asolagando a angustia
Auga asolagando a auga toda do mar
Auga que só detén a detonación
Auga da que nace a ave das augas
A ave que emerxe e voa do bou arrastrando compañeiro e camaradas recollendo crías entre plumas de nube
Voando Ave no bou
Eva no ceo

Dous dos suicidas do bou Eva eran mestres e curmáns de Castelao: Manuel Rodríguez Castelao e Xosé Losada Castelao. E precisamente Castelao debuxou dúas estampas da época da guerra protagonizadas, respectivamente, por unha muller rapada e maltratada tras ser asasinado o home e por outra que prefire suicidarse a ser violada.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez