Franquismo e represión de xénero en Galicia

Excucións extraxudiciais

O estudo pretende investigar a represión física exercida contra as mulleres galegas na guerra civil e a súa participación na resistencia antifranquista desde o final da confrontación armada até a desaparición da loita guerrilleira.

Tamén se analizan os supostos delitos dos que foron acusadas por parte das autoridades golpistas e intentar responder ás seguintes cuestións clave: ¿o sexo pode ser considerado una á hora de aplicar e modular a represión física levada a cabo polos rebeldes? É dicir, a igualdade de conduta punible, polo feito de ser muller, ¿aplícase unha penalidade diferente á que se imporía a un home?

Esta investigación lévase a cabo grazas á concesión dunha subvención á investigación do Ministerio de Presidencia do Goberno de España, segundo a convocatoria do BOE nº 83 do 7 de abril de 2011.

Como colofón á investigación, elaborouse unha publicación na que participaron os historiadores Julio Prada Rodríguez como editor, e María Concepción Álvarez Gómez, Beatriz Nieto Outumuro, Xoel Díaz Alonso e Alejandro Rodríguez Gutiérrez co título Franquismo y represión de género en Galicia (Catarata, 2013) e na que tamén colaborou o propio Proxecto Nomes e Voces.

Julio Prada

"Franquismo y represión de género en Galicia" (Catarata, 2013)

Cédula persoal de Consuleo Meitín Rodríguez

Ligazóns de interese:

Ligazón a libros de La Catarata: http://www.catarata.org/libro/mostrar/id/819

Ligazón ao noso especial de Vermellas: http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion/vermellas/

Ligazón ao especial do Proxecto sobre muller: http://www.nomesevoces.net/gl/exposicion-panel/muller_asoci/


A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez