O que encarou o Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' é unha proposta de investigación cun método científico sobre as vítimas da guerra civil en Galicia. A nosa foi unha proposta de aproximación á verdade histórica dende o rigor das ciencias sociais. Cando se nos encargou este traballo o que fixemos foi formular unha serie de preguntas para as cales non tiñamos unha resposta completa para o territorio galego. Quenes e cantas foran as vítimas da represión da guerra civil en Galicia e como e onde acontecera esa represión a nivel de todo o territorio galego. Para responder a estas preguntas, avaliamos as fontes documentais dispoñibles, e tamén o impacto que na nosa investigación podería ter a non disponibilidade doutras; seleccionamos as fontes sobre as que iamos traballar e deseñamos as técnicas e a metodoloxía co que iamos traballar con elas. Ademais este método e os seus resultados son públicos. Pódese ver como artellamos o baleirado de fontes, a crítica e o contraste entre elas e os datos que finalmente facemos públicos.
Tras unha necesaria definición do concepto de vítima coa que traballar, abordouse o baleirado de datos persoais de represaliados das fontes que consideramos fundamentais: causas militares de terra e mariña, rexistros civis, fontes bibliográficas, e fontes orais.Toda esta información conflúe nunha complexa base de datos, nas que se cruzan as distintas informacións nun proceso de contraste, valoración e validación, posibilitando coñecer a través das distintas fontes e de datos de resumen, informacións hasta agora inéditas das características, personais e colectivas, dos represaliados; asi como profundizar na investigación e no análisis tanto de datos puntuais como estadísticos, tanto a nivel local como a escala de Galicia.
A fonte oral, as entrevistas coas testemuñas, complementan as fontes escritas aclarándoas y resituándoas no crebacabezas da historia, permitíndonos unha relectura crítica. Así, os fríos datos dun rexistro civil de defuncións cobran un novo valor, cando os eufemismos como derrame cerebral ou paro cardíaco como causa da morte resitúanse polos testimonios que afirman que na realidade foron execucións irregulares e tiros na caluga. Os testemuños recontrúen tamén, dende un novo punto de vista, a exhaustiva documentación dos denominados procesos militares, revestidos dunha elaborada máscara de legalidade, pese a estar viciados en orixen ao derivar todo o edificio lexitimatorio do bando militar da sublevación. Os testemuños, un tras outro, insisten na falta total de garantías procesais. Na realidade levamos décadas cuestionando os datos oficiais de rexistros civís e causas militares, simplemente porque sabíamos que foran faleseados no seu carácter e intención E o sabíamos porque nolo tiñan contado.
Trátase pois dunha investigación básica, sobre a que se poden cimentar futuros estudos e análises.