Case 600 entradas compoñen o repertorio biográfico desta obra. Tomando como base os datos recollidos polo Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces' completados con abundantes datos recollidos da bibliografía. Velaquí algúns dos datos como exemplo.
14. Amor Sánchez, Cipriano. "Sagastiña"
Naceu en Betanzos. Varredor de 29 anos. Veciño da Coruña.Casado e con tres fillas . Desaparecido despois de acudir a unha citación ao cuartel da Garda Civil. Fontes orais da familia apuntan á posibilidade de que estea enterrado na fosa común de Vilarraso, en Aranga.
Grandío Seoane, Emilio; Fernández Fernández, Eliseo: A fosa do cemiterio de Vilarraso (Aranga). A Coruña: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d'A Coruña, 2011. Pax 44
59. Boedo Núñez, José Antonio
Naceu en Oleiros. Albanel de 25 anos. Veciño do barrio de San Xosé (A Coruña). Casado, fillo de José Boedo López. Directivo do Sindicato Único del Ramo de la Construcción da CNT e da súa Sección de Albañiles. Participou na tentativa de fuga do Portillo en marzo de 1937, sendo detido polos falanxistas pouco despois. Xulgado na Coruña co resultado de condena a pena de morte. Fusilado na Coruña ás 6.30 horas do 11 de setembro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx.142. Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio: "A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra" en A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 420. Fernández, Eliseo (ed.): A fuxida do Portiño: historia, memoria e vítimas. Vigo: A Nosa Terra, 2009. Páxs. 191 e 192.
61. Borrazás Bello, José
Naceu en Arteixo. Labrego de 33 anos. Veciño de Monteagudo (Arteixo). Directivo do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Monteagudo-Arteixo, da CNT. Xulgado en Consello de Guerra na Coruña o 28 de setembro de 1936 e condenado a cadea perpetua por rebelión militar. Ingresa no cárcere de San Cristóbal (Pamplona) en decembro de 1936, morrendo alí por enfermidade o 29 de decembro de 1939. Enterrado en Artica, Navarra.
Alforja, lñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938: la gran fuga de las cárceles franquistas: testimonios y documentos. Pamplona: Pamiela, 2005.Fernández, Eliseo; Pereira, Dionísio. "A represión contra o Movemento Libertario na Galicia durante a Guerra Civil e a posguerra" en A represión franquista en Galicia:Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 422.
63. Brandariz Ramos, José
Naceu en Carral en 1888. Canteiro. Veciño da Coruña, casado. Delegado do Sindicato de Canteros na Federación Local Obrera da CNT. Socio de Germinal. Integrou unha rede clandestina articulada por diversos militantes confederais coruñeses tras o golpe militar. Xulgado na Coruña por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado en Punta Herminia (A Coruña) ás 6 horas do 9 de marzo de 1938. Enterrado no cemiterio da Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 144. Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo: "O Movemento libertario en Galiza: (1936-1976)", Vigo: A Nosa Terra, 2006. Páxs. 36, 39, 40, 249 e 268. Grandío Seoane, Emilio: Vixiancia e represión na Galicia da Guerra Civil: O "Informe Brandariz" (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro, 2001.
100. Casas Rey, Víctor
Naceu na Coruña. Xornalista de 36 anos. Veciño de Pontevedra. Integrante das Irmandades da Fala. Antigo dependente de comercio da fábrica de calzados Senra, na Coruña. Exerceu a partir de 1922 como director do periódico A Nosa Terra. Con posterioridade, e residindo en Pontevedra, figurou entre os fundadores do Partido Galeguista no ano 1931. Unha vez detido tras o golpe militar, estivo preso en Pontevedra e no Lazareto de San Simón. Xulgado en Pontevedra por traizón e condenado a pena de morte, foi executado na Caeira (Poio) o 12 de novembro de 1936. A causa da súa morte segundo o Rexistro Civil foi: hemorraxia interna. Enterrado no cemiterio de Pontevedra.
Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto. Episodios de terror durante a Guerra Civil na provincia de Pontevedra: a Illa de San Simón. Vigo: Xerais, 2007. Páxs. 251 e 323.
331. Moledo Rodríguez, José Manuel
Naceu en Vilaboa (Culleredo) en 1905. Auxilar nunha farmacia da rúa San Andrés. Veciño de Carral, casado con Josefina Trapote Paz, mestra de Corcubión. Socio do Casino Republicano. Tesoureiro da Asociación Provincial de Auxiliares de Farmacia da Coruña. Representante do Socorro Rojo Internacional nun acto celebrado en abril de 1934. Foi paseado en Veira-Herves (Carral) o 16 de agosto de 1936.
Pereira Martínez, Carlos. "A Re presión en Culleredo, unha aproximación inicial" en A represión franquista en Galicia: Actas do Congreso da Memoria, decembro de 2003. Narón: Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, 2005. Páx. 472.
339. Monzo Ríos, José
Naceu en Sada. Mariñeiro de 32 anos. Retornado dos EEUU a comezos dos anos 30. Foi fundador e máis tarde presidente do Sindicato de Oficios Varios de Sada, CNT. Organizador nesta localidade dos grupos Luz e Nueva Vida , integrados na FAI. Moi activo nos días do golpe militar, participando no mitin da Federación Local Obrera do 18 de xullo de 1936 na praza de touros da Coruña e tamén na resistencia en Sada. Agachado dous anos en Miño e nos illós de Cabrón e Carboeira, fronte a Perbes e Pontedeume. O seu cadáver apareceu na estrada Fontán-Sada, na finca de Soñeiro (Sada) o 19 de xuño de 1938. Inicialmente foi rexistrado como descoñecido. Pode que se suicidase véndose acosado. A causa da súa morte segundo o Rexistro Civil foi: hemorraxia interna cerebral por disparo de arma de fogo. Enterrado no cemiterio de Sada.
Pereira, Dionísio; Fernández, Eliseo. "O Movemento libertario en Galiza: (1936-1976)". Vigo: A Nosa terra, 2006. Páxs. 13, 73, 253, 254.
380. Pardo Argüeso, Andrés Antonio
Naceu en Bergondo o 14 de outubro de 1918. Serrador. Veciño da Coruña.Militante do Sindicato de Bergondo, foi acusado de patrullar pola zona nos días do levantamento militar. Xulgado na Coruña por auxilio á rebelión co resultado de condena a 12 anos de prisión, por ser menor de idade no momento dos feitos. Cumpre condena no Penal de San Cristóbal (Pamplona) a partir de maio de 1937. Morreu na cadea o 22 de maio de 1938 tras a fuga masiva acontecida nesa prisión.
Alforja, Iñaki; Sierra, Félix. Fuerte de San Cristóbal, 1938: la gran fuga de las cárceles franquistas: testimonios y documentos. Pamplona: Pamiela, 2005.
562. Vidal Pardo, Manuel
Natural e veciño de Abegondo de 50 anos. Afiliado á Sociedade agraria Armonía Campesina de Mabegondo. Xulgado na Coruña por rebelión e condenado a pena de morte, foi executado na Coruña o 22 de febreiro de 1937. Enterrado no cemiterio da Coruña.
Lamela, Luis. A Coruña, 1936. Memoria convulsa de una represión. Sada: Ediciós do Castro, 2002. Páx. 140.