Muller e represión no Noroeste Peninsular. Galicia e El Bierzo (1936-1945)

Presentación

A Asociación para a Investigación Histórica do S.XX naceu na Coruña en xaneiro do 2011 co obxectivo fundamental de aportar o seu grao de area na pescuda da historia do século XX, con especial énfase na historia de Galicia e dos galegos e galegas. Formada por cinco historiadores formados na Universidade de Santiago de Compostela, este é o primeiro traballo que desenvolven como grupo, no que pretenden abarcar unha temática pouco traballada ata o de agora. 

Preocupados polo devir do século XX e carentes de vías coas que desenvolver traballos de investigación sobre a historia máis recente do país, os membros da AIH chegaron á conclusión de que unha boa forma de obter recursos cos que responder ás súas preguntas, era a de organizarse. Coa oportunidade brindada polo Ministerio da Presidencia, o proxecto a desenvolver baixo o título “Mujer y represión en el Noroeste Peninsular. Galicia y El Bierzo (1936-1945)”, consiste na creación dunha base de datos na que rexistrar a todas aquelas mulleres que foron procesadas por cuestións políticas entre o ano 36 e o 45, ano no que remata a Segunda Guerra Mundial.

Coa presentación desta base de datos, os membros da AIH pretenden avanzar no estudo das consecuencias que a guerra civil e a posguerra tiveron sobre as mulleres tanto en Galicia como na limítrofe comarca do Bierzo. E o pretenden facer a través dunha das fontes de información máis completas que existen no estudo da represión franquista, como son os tribunais militares. A base de datos que se presenta e o resultado dun pormenorizado traballo de máis de oito meses nos arquivos militares de Ferrol, no que os cinco membros do grupo moveron máis de catrocentas caixas con procesos militares abertos contra mulleres en cinco provincias diferentes e en oito tribunais militares.

Gobierno de Eapaña. Ministerio de Defensa

Gobierno de Eapaña. Ministerio de Defensa

Filomena López López

Filomena López López

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez