Publicación "Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX"

Xenocidio, xustiza transicional e reparación xurídica

O concepto de xenocidio e a súa aplicación ao caso español non resulta fácil. En decembre de 1946, a Asamblea General de las Naciones Unidas proclamou a resolución 96 (I) sobre o crime de xenocidio, ao que definiu como “unha negación do dereito de existencia a grupos humanos enteiros”, entre eles os “raciais, relixiosos ou políticos”, instando a tomar as medidas necesarias para a prevención e sanción deste delito. Sen embargo, ante a necesidade de contar co apoio do bloque comunista, que obxectou esta acepción, e a diferenza do que fixera o borrador inicial da Convención para a Prevención e a Sanción do Delito de Xenocidio, o dereito internacional decantouse até hoxe en día por excluír deste concepto as matanzas perpetradas por motivos ideolóxicos ou políticos. Deste xeito, xuridicamente, enténdese por xenocidio calquera dos actos perpetrados coa intención de destruír, total ou parcialmente, a un grupo nacional, étnico, racial ou relixioso como tal con algún propósito particular.

Mesa4 moderada por Julio Prada

O xenocidio é moito máis que un concepto exclusivo do ámbito do dereito xa que existe unha tradición moi rica de estudos históricos, sociolóxicos e politolóxicos que se ocupan do xenocidio. O uso do termo “desaparecido” é común nos casos doutros réximes represivos, especialmente referido ao marco de América Latina. Desde un marco comparativo, este é un concepto pertinente tamén para o caso español. Na actualidade a busca de desaparecidos e a identificación de vítimas é xa unha cuestión esencialmente humanitaria que está por riba de todo tipo de ideoloxías.

Cobra especial relevancia o tratamento interdisciplinar da cuestión da violencia política. Hoxe en día contémplase como un feito de grande importancia axustarse a un protocolo forense de exhumación das fosas comúns.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez