Publicación "Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX"

Recuperación cívica das memorias

Na análise dos procesos traumáticos da historia e a súa resolución no tempo cada vez cobra maior importancia o papel das vítimas. Polo paso do tempo, en moitos casos, e cada vez máis, a súa voz foi asumida progresivamente por colectivos cívicos, integrados tanto por algunhas das persoas sobreviventes como por familiares ou cidadáns sensibilizados co padecemento das vítimas. As persoas que progresivamente se foron incorporando a estas iniciativas fixérono por diversas motivacións, como as relacións familiares, razóns de afectividade ou simpatía ideolóxica. É unha parte da cidadanía que se mobiliza intentando recuperar e reivindicar un pasado oculto, unha memoria que os vitimarios intentaron facer desaparecer dalgún xeito, e que é incómoda e ás veces incluso traumática para o conxunto da sociedade.

Pese a que as memorias sempre están ancoradas nesas causas de fondo que foron a orixe do conflito, pouco a pouco vai producíndose un proceso de distanciamento entre aquel conflito pasado e o fenómeno da reivindicación da memoria das persoas ou grupos sociais que o protagonizaron. A veces, esa memoria remata sendo utilizada como un arma na confrontación política actual e corre o risco de ser manipulada en función desa utilidade.

Proxecto Interuniversitario Nomes e Voces

Mesa5 moderada por Eliseo Fernández

A memoria e o coñecemento do pasado, é unha ferramenta de presente, en tanto que espazo crítico para valorar os dereitos humanos, así como un instrumento de futuro como un dos mellores antídotos contra a violencia. Pode ser valorada como a linguaxe e o espazo crítico dos dereitos humanos.

Ignorar o pasado e impedir a lembranza fomenta a inestabilidade social e obstaculiza a interacción pacífica no presente. O proceso asociativo avanza retroalimentándose na desaparición do medo.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez