Publicación "Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX"

O pasado incómodo en España

O debate que se desenvolve no primeiro capítulo da publicación atende á disxuntiva que nos últimos tempos se ven desenvolvendo entre historia e memoria, definida de xeito complexo como dúas formas de coñecemento do pasado. Por un lado, a historia segue a liña marcada, como ciencia que é, pola necesidade de fundamentar o que sabemos do pasado grazas ao estudo de fontes sometidas a unha análise crítica e continuamente revisada. Por outra banda, a memoria é subxectiva e múltiple. Sen embargo, ao tempo que toda sas contribucións insisten en marcar diferenzas entre ambas tamén se apreciou a coincidencia en reivindicar a historia e a memoria como procedementos compatibles para coñecer o pasado. Faise necesario, xa que logo, superar a actual estandarización do relato que na actualidade se ten da memoria histórica e o deber da historia de integrar a memoria sen estereotipos nin xeneralizacións simplificadoras.

A cuestión das “heridas abiertas” foi directamente abordada por todos os parti¬cipantes, insistindo en que a irrupción traumática do pasado no presente non é unha peculiaridade local nin unha singularidade española. Francia, Estados Unidos, Alema¬ña, Israel, Italia ou Arxentina tamén seguen a voltas cun “pasado presente” que se resiste a converterse en “pasado histórico”.  Existe unha coincidencia entre os colaboradores deste apartado ao sinalar que o dereito a esquecer é un dereito privado non colectivo. Hoxe temos un maior coñecemento do pasado, pero non mellor xa que unha información máis abundante non é sinónimo dun mellor coñecemento

Fondo

Cartilla de racionamento

Fondo 5038 Margarita Teijeiro

Autoridades do Réxime nunha visita a Vilagaría

Fondo 5038 Margarita Teijeiro

Placa dos Caídos por Dios

Lei de Amnistia de 1977

Ley 46/1977, de 15 de octubre, de amnistía

Ley 52/2007, de 26 de diciembre

Ley 52/2007, de 26 de diciembre, pola que se recoñecen e amplían dereitos e se establecen medidas en favor de quenes padeceron persecución ou violencia durante a guerra civil e a ditadura.