O especial que tedes a oportunidade de ollar, é froito dos traballos presentados ao Coloquio Internacional Memoria de Guerra, reconciliación e cultura de paz que concluíron primeiro nunha publicación e agora nun espazo web.
Desde un principio fomos conscientes que, fronte ao coñecemento que se propugna desde as ciencias sociais, a ignorancia forzada ou obrigada só leva ao revanchismo e estende os conflitos no tempo. Éste é, precisamente, o eixe do debate desenvolto tanto no libro como agora: indagar e debater sobre os porqués do descoñecemento —voluntario ou non— do pasado español.
Como sinala o propio coordinador do estudo:
“Recordar y olvidar son opciones y caras de la misma moneda sobre las que se debatió […] porque el olvido forzado no es una opción, sobre todo cuando existe una demanda social de conocimiento que debe ser satisfecha por los historiadores. De todos modos, sólo puede olvidarse lo que se conoce”. Foi moi enriquecedor establecer comparacións de procesos de reconciliación en Europa e América latina, dando conta precisamente da extensión territorial e temporal de esta práctica e comparar as solucións adoptadas.
O profesor Nicolás Sánchez-Albornoz, fillo de represaliados e el mesmo encausado pola ditadura franquista, reflexiona sobre a súa experiencia como loitador antifranquista. De feito, como el mesmo se encarga de sinalar, “Al mismísimo franquismo debo, pues, la condición de experto en la materia”. Define a súa experiencia vital como “más benigna que la común “ xa que a súa estancia no cárcere foi trala guerra civil, ao igual que o seu exilio “Mi exilio consta, en realidad, de dos partes separadas por un interludio madrileño. Un primer destierro, a la rastra del de mi padre, me retuvo de niño en Francia, desde 1936 hasta la invasión alemana del país galo. El segundo exilio responde, en cambio, a merecimientos propios y transcurrió en América, codo con codo con los exiliados del 39, junto a mi padre por bastante tiempo. Esta expatriación duró sin interrupción la friolera de 28 años —de 1948 a 1976—“. Isto non foi óbice para que non coñecera moi de preto as humillacións e asasinatos levados a cabo polas autoridades franquistas xa rematada a contenda civil.