Publicación "Memoria de guerra y cultura de paz en el siglo XX"

Investigación e políticas públicas da memoria

Existe unha evidente evolución no tratamento da temática da represión franquista en España desde o ámbito da investigación e do arquivo da documentación da que se nutren os especialistas para a realización de diferentes estudos xa constatada desde a década de 1970. Os historiadores sempre tentan explicar os procesos desde unha perspectiva de longo alcance, entendendo que os procesos de ámbito cultural resultan de maior calado, pero tamén con tempos lentos. Sen embargo, poucas veces intentamos analizar o tratamento sobre a guerra civil máis atrás dos anos setenta, desbotando como “obvio”, “condescendente coas teses oficiais” ou “previsible” o traballo propagandístico dos que escribían sobre o pasado na ditadura franquista. Pero a sociedade actual é filla daquela; foi educada en determinados valores difundidos polo poder imperante. Trala morte do ditador o tratamento deste tema experimentou certos cambios. Comezaron a aparecer os primeiros traballos sobre organizacións políticas do momento republicano, os primeiros artigos sobre a utilización da violencia do réxime, abríronse as primeiras fosas.

Unha política arquivística acertada é imprescindible para una boa política de Memoria; é necesario, xa que logo, abordar a desclasificación da documentación seguindo as pautas do resto de países democráticos e, polo tanto, anular o acordo do consello de ministros de 1986 que clasifica retrospectivamente documentación de Interior, policía, garda civil, servizos de intelixencia e diplomáticos.


É necesario destacar o papel das memorias convertidas en fontes orais na construción da historia, recoñecendo a utilidade da análise da subxectividade que estas fontes aportan.

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez