"José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela (1878-1960)"

Alborada proletaria

O societarismo obreiro compostelán debeu agromar, en verdade, nun clima social pouco acaído. Nel, o conxunto de obreiros-artesáns empregado naqueles pequenos obradoiros onde era común que, por quendas, un dos operarios librase para ler en voz alta novelas de Blasco Ibáñez, Víctor Hugo ou doutros autores benqueridos pola xente do común, mentres o resto traballaba en silencio; este colectivo vai representar a principal clientela das primeiras experiencias asociativas do «cuarto estado» na cidade.

Con só 16 anos, José Pasín formou parte da primixenia Sociedad de Carpinteros, comezando un delongado ronsel societario. Pero deixemos que sexa el mesmo quen describa nas súas Memorias o agromar das sociedades de resistencia en Compostela:

[...] No ano 1894 aínda non había ‘Sociedad de Ebanistas’ [...]. Só existían as de ‘Canteros’ e ‘Carpinteros’, e aínda nestas non ingresaran todos os obreiros deses oficios. Fundouse unha ‘Sociedad de Oficios Varios’ na que estaban asociados compañeiros e simpatizantes da loita social, en cuxo organismo, ao ter un número determinado dun gremio, constituíase a sociedade do oficio. Do obradoiro de Landeira, [...], tan só estaba asociado José Lareo Moas e eu, que me asociei tan pronto empecei a traballar no banco [...]. O local social era un portal da Rúa do Franco, e o mobiliario unha mesa e un banco do tipo das cociñas. A ‘Sociedad de Canteros’ tiña o seu local social nun baixo tras a igrexa de San Fiz. Despois trasladámonos á Rúa de Fonte Sequelo, hoxe Xelmírez, [...] cuxo local non debía ter máis de 5 metros de fondo por 4 de ancho. Así naceron as ‘Sociedades Obreras’ de Santiago.

Regulamento da Sociedad de Peones de Santiago y sus contornos. 1916

Regulamento da Sociedad de Peones de Santiago y sus contornos. 1916 | Fondo Dionísio Pereira. Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'

Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, 1936

Sociedad Económica de Amigos del País de la Ciudad de Santiago, 1936 | Fondo Dionísio Pereira. Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'

Estado gastos e ingresos Sociedad canteros Santiago, 1923

Estado gastos e ingresos Sociedad canteros Santiago, 1923 | Fondo Dionísio Pereira. Proxecto Interuniversitario 'Nomes e Voces'

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez