"José Pasín Romero: memoria do proletariado militante de Compostela (1878-1960)"

1892

Alá polo ano 1892 José Pasín entrou a traballar nos obradoiros de talla en pedra ou madeira, tapicería e ebanistería que o compostelán Jesús Landeira Iglesias montou, primeiro no Franco e na Rúa Nova, e, posteriormente, nun amplo local da Rúa do Vilar. Daquela, con só 31 anos, Landeira tiña sona de magnífico artista nunha Compostela afeita á excelencia artesá; do seu taller xa saíran unha manchea de obras de mérito tal que o mausoleo en mármore para as cinzas de Rosalía e o altar da capela do Rosario en San Domingos de Bonaval, ou a restauración da columnata da capela e as vidreiras do Hospital Real. Ademais, ingresara había catro anos na Escuela de Artes y Oficios como profesor axudante. Culto e de talante liberal, Landeira atendía tanto as ostentosas encargas da curia e da «boa sociedade», como as necesidades moito máis humildes das capas populares.

Daquela, o estabelecemento de Landeira chegou a contar con máis de cincuenta operarios, entre eles algúns que, ao cabo dos anos, deixarían pegada duradeira no obreirismo da cidade: José Lareo, republicano federal e un dos alicerces da primeira organización proletaria compostelá; o sindicalista Luís Plaza; o tallista Jesús Camba, de simpatías anarquistas e futuro delegado da súa profesión na Casa do Pobo madrileña, correndo a terceira década do século XX; Ezequiel Rey e José Villaverde, andando o tempo dirixentes da CNT galaica…

Traballadores de Landeira con Pasín (sinalado cunha cruz) de aprendiz

Traballadores de Landeira con Pasín (sinalado cunha cruz) de aprendiz

Deseño realizado por José Pasín no seu tempo de traballador da ebanistería de Landeira

Deseño realizado por José Pasín no seu tempo de traballador da ebanistería de Landeira | Fondo Luís Pasín Liñares

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez