Colofón
Esta web é un produto do proxecto Nomes e Voces, organizado e amparado polas tres universidades galegas: Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo. O investigador principal é Lourenzo Fernández Prieto. Os coordinadores, Emilio Grandío, Xosé Manoel Núñez, Dionisio Pereira, Julio Prada e María Jesús Souto. Os investigadores, Andrés Domínguez, Gustavo Hervella, Chus Martínez, Antonio Míguez, Xurxo Pantaleón, Mónica Rocha e Antonio Somoza
A web foi realizada por A navalla suíza. O proceso de elaboración comezou en setembro de 2009 e a fase de produción tivo lugar entre xaneiro e febreiro de 2010.
Tecnoloxía
No proceso de creación da web só se empregou software libre
• O servidor corre baixo Debian Sarge
• O as páxinas son servidas por un Apache 2.0
• O reprodutor de vídeo é o flowplayer.
• O sitio está construído co framework de php phpCan e co framework de CSS cSans. Estas dúas ferramentas foron desenvolvidas pola Navalla suíza.
Deseño
O logotipo do proxecto Nomes e Voces é unha creación xenerosa de Isaac Díaz Pardo.
A tipografía usada no logo é a Futura, deseñada por Paul Renner e publicada por Adobe na súa versión dixital. O resto de tipografías utilizadas son a Arial e, en menor medida, a Georgia, as dúas deseñadas por Monotype para Microsoft. As cores principais da web son o azul (#172983) e o vermello (#E2001A).