Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Álbum da memoria de Camilo de Dios

O Álbum da memoria de Camilo de Dios

A solidariedade do sindicato de electricistas noruegués Elogit, achegou os fondos necesarios para exhumar o cadaver do guerrilleiro galego Perfecto de Dios, abatido pola Garda Civil e enterrado nunha fosa en Chaherrero (Ávila). Unha vella arela de seu irmán, Camilo de Dios, membro coma el da II Agrupación da guerrilla galega que operaba nas terras da Limia. Coas imaxes do fondo fotográfico que entregou ao arquivo de Nomes e Voces compuxemos un Álbum da memoria de Camilo de Dios.

Gardado en Homenaxes 30 de xullo de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Represión, Foxas

Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho,  investigador Marie Curie de Histagra,  presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo.

Gardado en Presentacións 11 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Franquismo, Ditadura, Represión, Fascismo

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto «Nomes e Voces» presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.


Gardado en Conferencias 2 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Memoria, Franquismo, Investigación, Represión

Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga. Sindicalista

Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga. Sindicalista

O sábado 30 de abril, celebrarase en Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte en 1937. O acto está órganizado polo Concello de Toques e a colaboración do Proxecto Nomes e Voces e a familia de Delfino Liñeira Fraga.

Gardado en Homenaxes 29 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Base de datos, Represión, Sindicalismo, Homenaxe
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez