Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Hoxe, xoves 7 de abril comeza en Conxo, o programa A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo, organizada polo Concello de Santiago, Rede Municipal de Centros Socioculturais, Centro Sociocultural de Conxo e Psiquiátrico de Conxo.

A Asociación Memoria Histórica '28 de agosto' de Cangas, organiza o acto de inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' o vindeiro sábado, día 9 de abril de 2011, ás 18.00 horas, na Praza do Concello de Cangas.
Este monumento ten sido sufragado por subscrición popular, e consiste nunha peza escultórica formada por unha prancha de aceiro corten de 8mm de espesor de 150x200cm, apoiada sobre peanas de pedra granítica tipo país de 50x26x20cm.

O Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz', celebrouse en Compostela os días 13, 14 e 15 de decembro con motivo do FORO 2010.
Agora presentamos as consideraciones, reflexións e conclusións parciais presentadas nas diferentes mesas do congreso ou derivadas dos debates suscitados nel.

O vindeiro domingo día 19, A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, en colaboración co Proxecto Nomes e Voces, que lle cedeu a listaxe de vítimas da súa investigación, o Concello da Coruña, a Deputación Provincial da Coruña e o Ministerio de Presidencia, inaugurará o vindeiro domingo 19 de decembro o 'Memorial ás vítimas do Franquismo'.
O programa do acto é o que segue:
Domingo 19
Ás 17.00 horas, na avenida de Navarra da Coruña
Inauguración do Memoriañ ás Vítimas da represión franquista, "Xermolos de paz e liberdade", do escultor Valdi.
Lectura colectiva dos nomes das vítimas dos concellos da Coruña, Abegondo, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Culleredo, Oleiros e Sada.
Recitado do poema "Paz para sempre" por Claudio Rodríguez Fer
Actuacións musicais: Polifónica Coruñesa Canticorum; Xosé Taboada e César Morán.
Xantar da Irmandade. Antes da inauguración do Memorial, haberá ás 14.00 horas, un xantar de irmandade no hotel Meliá María Pita
Mércores 15
Ás 20.00 horas, no salón de actos da Fu8ndación Caixa Galicia, no cantón Grande da Coruña
Presentación do libro "A Historia secuestrada polo franquismo". Coa asistencia de Manuel Monge, de Francisco Pillado por Edicións Laiovento e do escritor Manuel Rivas
Martes 21
Ás 20.00 horas, no teatro Rosalía de Castro da Coruña
Homenaxe aos familiares das vítimas da represión franquista
Recital poético
Actuacións musicais: A quienlla; Xosé Taboada, César Morán e Paco Campos
Presentación do acto: Xurxo Souto, Isabel Risco.
A segunda xornada do Coloquio Internacional comezaba esta mañá coa mesa número 5, titulada ' A recuperación cívica das memorias. O pasado oculto desde a sociedade'. Moderada polo investigador Eliseo Fernández, contou coa participación de Cecilio Gordillo (Todos los nombres de Andalucía), Manuel Monge (Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña), Mesa de Catalunya d’Entitats Memorialistes, Emilio Silva (Asociación para la Recuperación de la Memoria Histórica), Carlos Meixome (Instituto de Estudos Miñoranos) e Silvia Fernández (Coalición Internacional de Sitios de Conciencia)
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.