Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Acto de lectura da tese de doutoramento do Investigador Antonio Somoza Cayado

Acto de lectura da tese de doutoramento do Investigador Antonio Somoza Cayado

O venres 11 de marzo ás 11.00 horas, terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, o acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de Antonio Somoza Cayado titulada "Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)".

Este traballo está dirixido polos profesores da USC, Lourenzo Fernández Prieto e Pilar López Rodríguez.

Grupo de Referencia Competitiva de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX (Histagra, GI-1657)

Departamento de Hª Contemporánea e de América. USC

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela

Gardado en Noticias 10 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Guerra civil, Franquismo, Investigación, Historia, Represión

Conferencia do profesor Magnus Persson na Facultade de Xeografía e Historia

Hoxe ás 12.00 horas na aula 12 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Magnus Persson (Linneaus University, Suecia) impartirá a conferencia: Precarious neutrality: Sweden during the Second World War and the Cold War.

O acto está organizado polo Departamento de Historia Contemporánea e de América e a asistencia é aberta

Gardado en Noticias 3 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación

Clase maxistral de Caroline Rothauge

Clase maxistral de Caroline Rothauge

A investigadora alemaña Caroline Rothauge impartirá a clase maxistral sobre guerra civil e franquismo no cine e na televisión: "Cultura da memoria e representacións historiográficas".

Gardado en Seminarios 2 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación

Presentación do libro de Manuel Monge: "A Historia secuestrada polo franquismo"

Presentación do libro de Manuel Monge: "A Historia secuestrada polo franquismo"

O xoves, 3 de marzo ás 20 horas, Manuel Monge presenta o seu libro A Historia secuestrada polo franquismo, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela.

 Ademais do autor, participarán na presentación: Francisco Pillado, de Edicións Laiovento, e Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.   

Gardado en Noticias 28 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación

Conclusións do Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz'

Conclusións do Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz'

O Coloquio Internacional 'Memoria da Guerra, Reconciliación e Cultura de Paz', celebrouse en Compostela os días 13, 14 e 15 de decembro con motivo do FORO 2010.

Agora presentamos as consideraciones, reflexións e conclusións parciais presentadas nas diferentes mesas do congreso ou derivadas dos debates suscitados nel.

Gardado en Noticias 18 de febreiro de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Investigación
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez