Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Renovado o Convenio entre a Deputación de Lugo e a USC

Renovado o Convenio entre a Deputación de Lugo e a USC

O pasado mes de decembro de 2013 a Deputación de Lugo, por medio da súa Vicepresidencia Primeira, e a USC, a través do Proxecto Nomes e Voces, renovaron o convenio de investigación que sobre o estudo da represión franquista na provincia de Lugo se está a desenvolver desde hai tres anos. Nesta ocasión,  os labores centraranse no acceso á consulta dos datos de represaliados naturais e veciños da provincia  e no asesoramento científico para a elaboración e edición de publicacións de investigacións baseadas nos devanditos datos.


Gardado en Noticias 16 de febreiro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Historia

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

O xornalista do diario El País, Óscar Iglesias, entrevista ao Investigador e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Dionísio Pereira, con motivo da recente publicación do seu útimo libro: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Xerais.

Licenciado en Ciencias Económicas na USC, Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre as súas obras destacan A CNT na Galiza (1922-1933), 1994; Sindicalistas e Rebeldes, 1998; Imaxes da Fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza, 1999; Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos), 2005. Asi mesmo, coordinou e participou no volume colectivo Os conquistadores Modernos, 1992. Na actualidade é coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia.

Entrevista a Dionisio Pereira

Gardado en Noticias 1 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Guerra civil, Franquismo, Investigación, Represión, Morte

Xosé Manoel Núñez Seixas imparte unha palestra na York University

Xosé Manoel Núñez Seixas imparte unha palestra na York University

 A xornada terá lugar hoxe 1 de abril ás 12.30 horas, e está organizada polo Department of History, Centre for Jewish Studies, The Canadian Centre for German and European Studies e a Faculty of Liberal Arts&Professional Studies.

Gardado en Seminarios 30 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Historia

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" presentarase na Residencia Universitaria Monte da Condesa

O Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" presentarase na Residencia Universitaria Monte da Condesa

Hoxe ás 20.00 horas, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" será presentado na Residencia Universitaria Monte da Condesa, edificio no que desde hai tres anos, o Proxecto desenvolve a súa actividade diaria.

Gardado en Noticias 25 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Base de datos, Investigación, Historia, Educación

Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", de Dionisio Pereira

Presentación do libro "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)", de Dionisio Pereira

Presentación do libro: "Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939)". Presentación a cargo do seu autor e Coordinador do Proxecto "Nomes e Voces", Dionisio Pereira e o Director do Proxecto "Nomes e Voces", Lourenzo Fernández Prieto e o director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.


Gardado en Noticias 23 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez