Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Terceira circular do Congreso Internacional "1936 ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria". Compostela, 18,19 e 20 de xullo de 2016

Terceira circular do Congreso Internacional "1936 ¿Un novo relato? 80 anos, entre historia e memoria". Compostela, 18,19 e 20 de xullo de 2016
A 80 anos do golpe militar que derivou nunha guerra que precede á conflagración mundial e remata coa instauración por parte dos vencedores de catro décadas de ditadura; a 40 anos da morte do Ditador e da liquidación do réxime ditatorial que saíu da guerra, este Congreso xorde da necesidade de sentar as bases para unha reconceptualización da memoria e da historia sobre o golpe, a guerra e a ditadura. Preténdese logo valorar e analizar unha nova codificación que xa leva un tempo a desenvolverse e confrontala cuns relatos herdados que perviven, malia que con evidentes síntomas de esgotamento.

Deste xeito, historiografía e estudos literarios, dous ámbitos de coñecemento que se ocupan da Memoria,pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo.

Xa que logo, trátase de analizar ese relato herdado, baseado na idea de reconciliación da Transición pero construído sobre as razóns dos combatentes no conflito, as memorias fragmentadas de vítimas e verdugos, a propaganda do vencedor e a amargura do perdedor. Tamén, de contrastalo e deconstruílo, de confrontalo con outras memorias -subalternas en relación ao relato social dominante-, e co novo caudal de coñecemento histórico e memorialístico, así como cos novos paradigmas que operan nos estudos literarios e culturais. A 80 anos do golpe, a 40 desta nosa democracia de hoxe. Servíndonos da ollada externa e a comparanza, e afrontando a dimensión ética do coñecemento do pasado.

Gardado en Congresos 22 de xuño de 2016 | sen comentarios
Etiquetado como Investigación, Historia, Historia de España

Audio. "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" de Alejandro Alonso.

Audio. "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" de Alejandro Alonso.

Xa se pode escoitar (e/ou descargar) a conferencia "Cela no tempo de silencio: xenealoxía da república das letras no primeiro franquismo" que dispensou o profesor do The Graduate Center da City University of New York, Alejandro Alonso, dentro do Ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", organizada por Histagra o 18 de decembro de 2014 na Facultade de Xeografía e Historia.

Gardado en Conferencias 17 de decembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Franquismo, Investigación

Audio da conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina

Audio  da conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina

Xa se pode escoitar (e/ou descargar)a conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina (Stanford University, USA). incluída no ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", que organizou Histagra o martes 25 de novembro de 2014. 

Gardado en Conferencias 1 de decembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Investigación, Historia, Historia de España

Los Libros de la Catarata publica 'Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura', volume colectivo dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego do Grupo HISTAGRA.

Los Libros de la Catarata publica 'Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura', volume colectivo dirixido por Lourenzo Fernández Prieto e Aurora Artiaga Rego do Grupo HISTAGRA.
A preocupación nuclear de Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura atópase no fío deste relato: Sabemos pouco do pasado e boa parte do que sabemos é mentira. Temos unha inmensa memoria dun pasado incómodo. Que facer con esa memoria era o que non sabía a xeración da Transición. Revisitar ese pasado é o labor dunha xeración de historiadores e historiadoras desde hai dúas décadas, coincidindo co proceso coñecido como "recuperación da memoria histórica". Mais a narración colectiva dese pasado incómodo de golpe, guerra e dictadura mantívose conxelado nos relatos franquistas-antifranquistas pasados pola peneira da reconciliación da Transición.

Presentación do informe sobre a promoción da verdad, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición na ONU

Presentación do informe sobre a promoción da verdad, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición na ONU

Pablo de Greiff fixo a presentación pública do seu Informe sobre a promoción da verdad, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición diante da ONU o pasado día 10 de setembro. 

informe reune case unha vintena de recomendacións dirixidas a gobernos e entidades da sociedade civil para dar apoio ás políticas da memoria e crear novas garantías para a preservación dos dereitos humanos.

A intervención de Pablo de Greiff pode seguirse na canle televisiva das Nacións Unidas. Visionar a exposición.

Gardado en Medios 16 de setembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Investigación, Represión
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez