Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Audio da conferencia de Ricardo Robledo

Audio da conferencia de Ricardo Robledo

A conferencia «Historia Científica vs. Historia de combate na II República. Viño novo en odres novos?» de Ricardo Robledo pódese descargar ou ser escoitada on line na Canle de Nomes e Voces de Ivoox. A conferencia que Ricardo Robledo desenvolveu o pasado 10 de abril forma parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que promove o grupo Histagra.

Gardado en Conferencias 4 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República

Audio da conferencia de Miguel Anxo Murado

Audio da conferencia de Miguel Anxo Murado

A conferencia «República e Guerra Civil. A construción da memoria» que desenvolveu o xornalista e analista Miguel Anxo Murado dentro do ciclo «Pasados incómodos: guerra, memoria e historia», organizado por Histagra o pasado 7 de abril de 2014, xa está dispoñible para ser escoitada on line ou descargada desde a canle Nomes e voves de Ivoox.

Lourenzo Fernández Prieto participará no Coloquio «Castelao en Nova York» o próximo 25 de abril

Lourenzo Fernández Prieto participará no Coloquio «Castelao en Nova York» o próximo 25 de abril
O próximo venres día 25 de abril, o Coordinador do Grupo HISTAGRA, Lourenzo Fernández Prieto, participará no coloquio Castelao en Nova York, organizado polo Centro Xoán González Millán de Estudos Galegos do Graduate Center, City University of New York  (CUNY), a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia.

Gardado en Conferencias 21 de abril de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como II República

Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.

Conferencia de Miguel Anxo Murado sobre a construción da memoria da República e a Guerra Civil.
O xornalista e analista Miguel Anxo Murado ofrecerá unha conferencia co título «República e Guerra Civil. A construción da memoria» o próximo mércores día 7 de abril. Será ás 12 horas na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia.
Gardado en Conferencias 31 de marzo de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, II República
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez