Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia, por trámite de urxencia, unha Proposición non de lei para o seu debate en pleno e o seu portavoz, José Luis Méndez Romeu, para crear en Galicia dun Centro de Documentación da Memoria Histórica co obxectivo de divulgar toda a información existente sobre os anos da Guerra Civil e da ditadura. Na súa idea, "só o cabal coñecemento dos feitos históricos permitirá superar os traumas derivados de enfrontamentos civís e así ten acontecido en Alemaña, Francia, Arxentina, Sudáfrica e tantos outros países que soportaron períodos non democráticos na súa historia”.

Informe de De Greiff sobre a promoción da verdade, a justicia, a reparación e as garantías de non repetición

Informe de De Greiff sobre a promoción da verdade, a justicia, a reparación e as garantías de non repetición

O informe de Pablo de Greiff, Relator Especial sobre a promoción da verdad, a xustiza, a reparación e as garantías de non repetición, sobre a súa visita ao reino de España, vén de ser publicado e será presentado oficialmente o vindeiro 10 de setembro. Na súa visita, entre o 21 de xaneiro e o 3 de febreiro de 2013, mantivo encontros con representantes do Estado y da sociedade civil tanto a nivel central, como nas Comunidades Autónomas de Andalucía, Cataluña e Galicia, onde coñeceu de preto o desenvolvemento do proxecto Nomes e voces.

Gardado en Noticias 1 de setembro de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Base de datos, Memoria, Investigación, Historia, Represión, Foxas

Audio da conferencia de Xermán Labrador

Audio da conferencia de Xermán Labrador

Xa está dispoñible para ser escoitado e/ou descargado na canle Nomes e Voces de Ivvox, a conferencia que o pasado 12 de xuño deu o profesor da Universidade de Princenton, Xermán Labrador, co título Historia por defecto. Os límites político-morais das narrativas de memoria histórica. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que vén desenvolvendo o grupo Histagra desde o pasado mes de febreiro.

Gardado en Conferencias 17 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia

19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

19 de xuño; Conferencia de Jesús Izquierdo: «La presencia de lo ausente en el posfranquismo»

O próximo xoves 19 de xuño, ás 12 da maña na aula 14 da Facultade de Xeografía e Historia, o profesor Jesús Izquierdo Martín ofrecerá unha conferencia titulada La presencia de lo ausente en el posfranquismo: pacto denegativo y control institucional de la memoria de la Guerra Civil. A conferencia fai parte do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia» que organiza Histagra.

Gardado en Conferencias 16 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Ditadura, Historia, Historia de España

Audio da conferencia de Anxo Loureiro

Audio da conferencia de Anxo Loureiro

Na canle Nomes e Voces de Ivoox xa se pode escoitar e/ou descargar o audio da conferencia «Memoria da historia, historia da memoria», que o profesor do Department of Spanish and Portuguese Languages and Cultures da Princeton University Anxo Loureiro deu o pasado 20 de maio dentro do ciclo «Pasados incómodos: Guerra, memoria, historia».

Gardado en Conferencias 14 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Historia, Historia de España
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez