Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.
Deste xeito, historiografía e estudos literarios, dous ámbitos de coñecemento que se ocupan da Memoria,pretenden dialogar neste foro que se concibe como unha ocasión idónea para presentar e discutir, dende distintos enfoques, as visións e interpretacións que a sociedade española actual manexa dun pasado incómodo e a dimensión ética do seu coñecemento, pero tamén para debater sobre a necesidade dun novo relato sobre ese pasado e mais sobre os elementos dispoñibles para construílo.
Xa que logo, trátase de analizar ese relato herdado, baseado na idea de reconciliación da Transición pero construído sobre as razóns dos combatentes no conflito, as memorias fragmentadas de vítimas e verdugos, a propaganda do vencedor e a amargura do perdedor. Tamén, de contrastalo e deconstruílo, de confrontalo con outras memorias -subalternas en relación ao relato social dominante-, e co novo caudal de coñecemento histórico e memorialístico, así como cos novos paradigmas que operan nos estudos literarios e culturais. A 80 anos do golpe, a 40 desta nosa democracia de hoxe. Servíndonos da ollada externa e a comparanza, e afrontando a dimensión ética do coñecemento do pasado.
Xa se pode escoitar (e/ou descargar)a conferencia "A catástrofe: un entronque analítico da literatura coa historia" de Joan Ramón Resina (Stanford University, USA). incluída no ciclo "Pasados incómodos: guerra, memoria e historia", que organizou Histagra o martes 25 de novembro de 2014.
Xa se pode escoitar (e/ou descargar) na canle de Histagra en iVoox, as intervencións de Aurora Artiaga, Lourenzo Fernández Prieto e Daniel Lanero Táboas do libro Otras miradas sobre golpe, guerra y dictadura, realizada na Facultade de Xeografía e Historia.
O profesor José Luis Díaz Gómez, investigador titular do Departamento de Historia e Filosofía da Medicina, UNAM e membro da Academia Mexicana de la Lengua, inaugura o próximo martes 23 de setembro, o Máster de Historia Contemporánea cunha conferencia titulada Vida e asasinato do médico republicano d'O Inicio: a lembranza individual, o imaxinario rexional e a memoria histórica, coa que se inicia igualmente a segunda edición do Ciclo "Pasados incómodos: Guerra, Memoria e Historia”. A conferencia será na aula 13 da Facultade de Xeografía e Historia ás 12 horas.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.