Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG esixelle á Xunta a creación dun centro de memoria histórica en Galicia

O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia, por trámite de urxencia, unha Proposición non de lei para o seu debate en pleno e o seu portavoz, José Luis Méndez Romeu, para crear en Galicia dun Centro de Documentación da Memoria Histórica co obxectivo de divulgar toda a información existente sobre os anos da Guerra Civil e da ditadura. Na súa idea, "só o cabal coñecemento dos feitos históricos permitirá superar os traumas derivados de enfrontamentos civís e así ten acontecido en Alemaña, Francia, Arxentina, Sudáfrica e tantos outros países que soportaron períodos non democráticos na súa historia”.

Audio da conferencia de Miguel Anxo Murado

Audio da conferencia de Miguel Anxo Murado

A conferencia «República e Guerra Civil. A construción da memoria» que desenvolveu o xornalista e analista Miguel Anxo Murado dentro do ciclo «Pasados incómodos: guerra, memoria e historia», organizado por Histagra o pasado 7 de abril de 2014, xa está dispoñible para ser escoitada on line ou descargada desde a canle Nomes e voves de Ivoox.

Inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' en Cangas

Inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' en Cangas

A Asociación Memoria Histórica '28 de agosto' de Cangas, organiza o acto de inauguración do 'Monumento Memorial de Liberdade' o vindeiro sábado, día 9 de abril de 2011, ás 18.00 horas, na Praza do Concello de Cangas.

Este monumento ten sido sufragado por subscrición popular, e consiste nunha peza escultórica formada por unha prancha de aceiro corten de 8mm de espesor de 150x200cm, apoiada sobre peanas de pedra granítica tipo país de 50x26x20cm.

Gardado en Homenaxes 4 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Guerra civil, Represión, Homenaxe

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

O xornalista do diario El País, Óscar Iglesias, entrevista ao Investigador e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Dionísio Pereira, con motivo da recente publicación do seu útimo libro: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Xerais.

Licenciado en Ciencias Económicas na USC, Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre as súas obras destacan A CNT na Galiza (1922-1933), 1994; Sindicalistas e Rebeldes, 1998; Imaxes da Fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza, 1999; Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos), 2005. Asi mesmo, coordinou e participou no volume colectivo Os conquistadores Modernos, 1992. Na actualidade é coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia.

Entrevista a Dionisio Pereira

Gardado en Noticias 1 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Guerra civil, Franquismo, Investigación, Represión, Morte

Acto de lectura da tese de doutoramento do Investigador Antonio Somoza Cayado

Acto de lectura da tese de doutoramento do Investigador Antonio Somoza Cayado

O venres 11 de marzo ás 11.00 horas, terá lugar no Paraninfo da Facultade de Xeografía e Historia da USC, o acto de lectura e defensa da tese de doutoramento de Antonio Somoza Cayado titulada "Construción e destrución da cidadanía societaria: Dinámica social e política da provincia de Lugo na Segunda República e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)".

Este traballo está dirixido polos profesores da USC, Lourenzo Fernández Prieto e Pilar López Rodríguez.

Grupo de Referencia Competitiva de Historia Agraria e Política do Mundo Rural. Séculos XIX e XX (Histagra, GI-1657)

Departamento de Hª Contemporánea e de América. USC

Organiza: Universidade de Santiago de Compostela

Gardado en Noticias 10 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Guerra civil, Franquismo, Investigación, Historia, Represión
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez