Blog

Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

Presentación de la genealogía genocida del franquismo na UPV-EHU

O vindeiro venres 13 de xuño ás 10 h., no Seminario de Historia Contemporánea da Facultad de Ciencias Sociales y de la Comunicación da UPV-EHU (Campus de Bizkaia, Leioa), Antonio Miguez Macho,  investigador Marie Curie de Histagra,  presentará o seu último traballo, La genealogía genocida del franquismo.

Gardado en Presentacións 11 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Franquismo, Ditadura, Represión, Fascismo

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

Preséntanse as conclusións do proxecto «Nomes e Voces» no Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia»

O próximo mércores 11 de xuño, Lourenzo Fernández Prieto, membro de Histagra e responsable do proxecto «Nomes e Voces» presentará o relatorio «Conclusións do proxecto de nomesevoces.net. Para unha nova ollada sobre o pasado incómodo» nunha sesión do Seminario «Rastros y Rostros de la Violencia» que se desenvolverá das 12 ás 14 h. na Sala Ramón Carande do Centro de Ciencias Humanas y Sociales do CSIC en Madrid.


Gardado en Conferencias 2 de xuño de 2014 | sen comentarios
Etiquetado como Páxina Web, Memoria, Franquismo, Investigación, Represión

Hoxe "Nomes e Voces" participa en 'A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo'

Hoxe "Nomes e Voces" participa en 'A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo'

 Hoxe, xoves 7 de abril comeza en Conxo, o programa A Memoria Silenciada. Compostela e Conxo, organizada polo Concello de Santiago, Rede Municipal de Centros Socioculturais, Centro Sociocultural de Conxo e Psiquiátrico de Conxo.


Gardado en Noticias 7 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Memoria, Franquismo, Represión

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

Hoxe na prensa: "Aínda queda franquismo dabondo e determínanos politicamente"

O xornalista do diario El País, Óscar Iglesias, entrevista ao Investigador e Coordinador do Proxecto 'Nomes e Voces', Dionísio Pereira, con motivo da recente publicación do seu útimo libro: Loita de clases e represión franquista no mar (1864-1939), de Xerais.

Licenciado en Ciencias Económicas na USC, Dionisio Pereira (A Coruña, 1953) é historiador especialista na historia dos movementos sociais na Galicia contemporánea, ao que ten dedicado numerosos artigos e libros. Entre as súas obras destacan A CNT na Galiza (1922-1933), 1994; Sindicalistas e Rebeldes, 1998; Imaxes da Fatiga. Crónica gráfica do traballo na Galiza, 1999; Foulas e Ronseis (Retrincos para un tratado do Mar dos Galegos), 2005. Asi mesmo, coordinou e participou no volume colectivo Os conquistadores Modernos, 1992. Na actualidade é coordinador do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" e durante os últimos anos traballou no eido da cultura marítima de Galicia.

Entrevista a Dionisio Pereira

Gardado en Noticias 1 de abril de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Guerra civil, Franquismo, Investigación, Represión, Morte

"Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada"

"Ferrol recuperando a memoria. A verdade nunha man pechada"

 Ciclo que conmemora os 80 anos da proclamación da II República e 75 anos do golpe de estado de 1936. O evento está impulsado polo Concello de Ferrol a través das Concellarías de Cultura e Benestar Social e Muller, e coorganizado coa Asociación Cultural Fuco Buxán, amais da colaboración doutras entidades sociais e investigadoras como é o caso do Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces". Este Proxecto ofreceu o seu asesoramento en materia histórica e estará presente nas actividades, coa intervención do seu director, Lourenzo Fernández Prieto, nunha das súas mesas redondas.

Gardado en Noticias 31 de marzo de 2011 | sen comentarios
Etiquetado como Franquismo, Historia, Represión
 

Aviso de uso deste blog

A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.

Textos de microhistorias

A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.

Subscribirse ao blog por rss

A navalla suíza
Responsable
Universidade de Santiago de Compostela
Colaboradores
Universidade de Vigo Universidade da Coruña Deputación de Lugo
Patrocina
Feder Xunta de Galicia
Deputacion da Coruña As Pontes de García Rodríguez