Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O Proxecto de investigación ten entre un dos seus fins máis destacados a colaboración con asociacións e particulares que estean a estudar a represión franquista en Galicia. Este é o caso de Fernando Serrulla médico Forense e especialista universitario en Antropoloxía Forense do Hospital Fundación Verín.
O proxecto de investigación que dirixe Serrulla Rech leva por título "Estudio de la mortalidad en el término municipal de Verín (Ourense) entre los años 1936 y 1939", e ten como obxectivos unha análise estatistica de tipo descritivo da mortalidade rexistrada nos libros de Defuncións do Rexistro Civil de Verín entre os anos sinalados. Preténdese coñecer a distribución da mortalidade rexistrando as seguintes variables: Sexo, idade no intre da morte, data de morte, causas da morte, causas da morte segundo a tipoloxía médico xeral clásica: Natural ou violenta (Homicida, Accidental, Suicida ou indeterminada), autopsia (si existiu ou non) e outros datos de interese existan no rexistro.
Especificamente preténdese coñecer no ámbito da morte violenta: distribución temporal das mortes violentas; tipoloxía dos rexistros e frecuencia e mortalidade violenta de menores e mulleres.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.