Toda información de interese que sae ao redor deste proxecto.

O sábado 30 de abril, celebrarase en Toques a Homenaxe a Delfino Liñeira Fraga, militante do sindicato de tranviarios xulgado na Coruña por rebelión militar co resultado de sentenza a pena de morte en 1937. O acto está órganizado polo Concello de Toques e a colaboración do Proxecto Nomes e Voces e a familia de Delfino Liñeira Fraga.

Hoxe ás 20.00 horas, o Proxecto Interuniversitario "Nomes e Voces" será presentado na Residencia Universitaria Monte da Condesa, edificio no que desde hai tres anos, o Proxecto desenvolve a súa actividade diaria.

Proximamente, o Proxecto “Nomes e Voces” presentará publicamente o redeseño da súa páxina www.nomesevoces.com, co obxectivo de ofrecer ao usuario un espazo máis útil e versátil para a achega á investigación histórica.
A nova versión do sitio Web presentará numerosas novidades no deseño e nos contidos con melloras tecnolóxicas, incluíndo novas ferramentas para a divulgación dos resultados da investigación do Proxecto “Nomes e Voces” e da documentación recollida a través da mesma.
A utilización deste espazo implica a aceptación plena das disposicións e condicións de uso que o Proxecto “Nomes e Voces” dispoña, reservándose o dereito de modificar en calquera momento e sen previo aviso os contidos e as condicións do mesmo da forma que sexa oportuna.
A través desta páxina podes colaborar co Proxecto compartindo testemuñas, acontecementos ou historias de vida relacionadas coa represión franquista.